martes, 2 de diciembre de 2014

ANTIA, WAMBA E O RITMO DO CAMIÑO

Grazas a xentileza da  Campaña "Importanos", os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP de Chans Bembrive asistimos na representación da obra de teatro da Tropa de Trapo "Antía, Wamba e o ritmo do camiño". Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era unha nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando como cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida. Os dous seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante. Antía contaralle a Wamba as historias africanas que se vai encontrando e Wamba falaralle a Antía de como ve Europa despois de tantos anos intentando sobrevivir. Os dous xuntos na distancia, correo a correo, paso a paso, descubrindo o ritmo dos seus novos pasos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario